Reunión informativa da ESCOLA DE INGLÉS curso 2025 - 2026
Convidámoste a asistir á reunión onde presentaremos as novas clases de inglés que comezarán en outubro na Casa de Cultura da Cañiza.
Este curso traemos novo profesorado ( profesores nativos con máis de 20 anos de experiencia) e un enfoque renovado, centrado na preparación dos exames oficiais de Cambridge.
Un curso para todos os niveis: primaria, secundaria e adultos, ideal para transformar o teu inglés nun certificado oficial.
Organizado polo Concello e o centro Condado Language Centre, Especialistas na preparación de exames oficiais
Se estás interesado/a en mellorar o teu inglés ou en obter unha certificación oficial, non faltes!
Infórmate sen compromiso. Esperámoste este venres!
O venres 27 de xuño de 2025, ás 21h no Salón de Plenos do Concello