SAMAÍN 2026

Data
to
Location
Auditorio da Casa de Cultura da Caniza
Organiser
Concello da Caniza
Actividades

O Concello da Caniza celebra o Samaín coa proxección dunha “terrorífica” película de animación infantil: Wicked (ano 2024)

Sinopse:

Wicked (2024) narra a historia de orixe das famosas bruxas de Oz moito antes da chegada de Dorothy, centrándose na improbable pero profunda amizade entre Elphaba, unha moza incomprendida e discriminada pola súa pel verde que posúe un poder extraordinario, e Glinda, unha rapaza popular, privilexiada e ambiciosa. Ao converterse en compañeiras de cuarto na Universidade Shiz, a súa rivalidade inicial transfórmase nun forte lazo que se pon a proba cando viaxan á Cidade Esmeralda e descobren que o Marabilloso Mago de Oz é, en realidade, un líder corrupto que oprime os Animais parlantes; ante esta revelación, os seus camiños divídense drasticamente cando Glinda cede ante o desexo de popularidade e poder político, mentres que Elphaba decide rebelarse para protexer os inocentes, asumindo o inxusto destino de ser perseguida e etiquetada como a Malvada Bruxa do Oeste.

A continuación haberá un chocolate para todas e todos os asistentes.

Se queres, podes acudir co teu disfraz máis terrorífico.

Entrada Gratuíta!

Horario

O sábado 31 de outubro de 2026, a partires das 18:00 horas