SARDIÑADA. Xantar popular con sardiñas e churrasco de vitela da Paradanta
Actividade enmarcada dentro da 60 Festa - Feira do Xamón da Caniza
O domingo 23 de agosto, pechamos as celebracións da Feira do Xamón, coa sardiñada na Carballeira do Cacharado.
Aberto o prazo para reservar mesa ata o venres 21 de agosto, ás 13h. Os interesados poden inscribirse na Biblioteca Municipal en horario de 08h a 14h, chamando ao número 986 66 30 69,
Dende o mediodía comezarán a venderse e despacharse as racións de sardiñas así como de churrasco de vitela da Paradanta.
A xornada estará amenizada con música tradicional a cargo da charanga "Noroeste" e do grupo de pandereteiras da Asociación Cultural "Os Furafollas" de Oroso.
E a partires das 17h FESTA DA ESCUMA e inchables para os máis pequenos.
Ven a disfrutar con nós dunha nova xornada de festa!.
o domingo 23 de agosto, a partires das 12h e durante toda a xornada