Sesión informativa sobre a formación « SOY EMPRENDEDOR GALICIA»

Data
to
Location
Casa de Cultura da Cañiza
Organiser
Soy Emprendedor Galicia
Formación

Anunciamos esta sesión informativa que se celebrará o vindeiro 8 de marzo, ás 10.00h, todavía sen definir o lugar de celebración ( dependendo do número de persoas interesadas, decidirase a instalación para a charla, que se anunciará e comunicará aos interesados).

Nesta sesión explicarase o obxectivo do programa «Soy Emprendedor Galicia". Un programa de emprego e autoemprego para xoves menores de 30 anos das provincias de Ourense e Pontevedra, inscritos no sistema de GARANTÍA JUVENIL.

Esta formación de 50h de formación grupal, 10h de tutorías invididuais e 20h de mentoring pretende dar as claves e os instrumentos necesarios para por en marcha o teu negocio, sempre acompañado dos mentores expertos en creación de iniciativas empresariais. Tamén axudará a mellorar a empregabilidade e a marca persoal para conseguir traballo por conta allea.

Para inscribirte na SESIÓN INFORMATIVA ou para obter máis información sobre o programa, podes chamar ao número da nosa Orientadora Laboral: 886 216 724 

A  formación enmárcase dentro do Programa “Soy emprended@r”, un programa gratuíto, promovido por RED ARAÑA no marco da Convocatoria do Programa "Itinerarios de Emprendimiento Juvenil de Galicia", cofinanciado polo Fondo Social Europeo e xestionado pola Fundación INCYDE.

 

Requisitos: 

•    O  programa está dirixido a persoas rexistradas en Garantía Xuvenil (menores de 30 anos, desempregadas)

En que che vai a axudar? 

•    A maioría das persoas pensan que a procura activa de emprego é responder a ofertas de emprego que se publican, pero só o 10% do emprego que existe publícase polo que estamos a deixar de optar ao restante 90%. Cómo atopar ese emprego que non se publica?.  Cómo conseguir contactar cos meus futuros contratadores?. Son algunhas das respostas que obterás nesta formación.

•    Se estás pensando en emprender tamén che axudaremos, ensinándoche a validar a túa  idea antes de arriscar diñeiro nela. Cánto teño que vender para ser rendible? Cómo consigo o meu primeiro cliente? Qué forma xurídica escollo ?...

Contidos: 

•    Mellora das túas oportunidades laborais a través do desenvolvemento da  competencia emprendedora: iniciativa, proactividad, coñecemento empresarial.
•    A Metodoloxía de base é Desing Thinking, a partir das súas ferramentas traballarase en autocoñecemento, autogestión , puntos fortes e débiles, quen son as empresas que buscan o meu perfil, plans de empresa, estratexia de márketing.
•    Así as persoas participantes traballarán coma se a súa carreira profesional fose o seu proxecto de emprendemento , conseguindo unha estratexia máis proactiva á hora de desenvolver o seu camiño profesional. 

Duración: 

•    50 horas de formación  presencial grupal
•    10 horas de titorías individuais
•    20 horas de mentorías individuais nas que cada persoa escollerá traballo por conta propia ou allea. 

Terás unha persoa  a túa disposición para axudarche a conseguir paso a paso os teus obxectivos profesionais.  

Horarios: 

•    De luns a venres, en horario de mañá a formación presencial.
•    De luns a venres en calquera momento as titorías individuais. 

Lugar: 

•    O programa se levará a cabo cando se consiga facer un grupo mínimo de 15 persoas, por iso necesitamos coñecer o teu interese en participar e cal é o teu Concello de residencia habitual

Formador: 

Dani Diéguez:  

 

Formador Dani Diéguez

  

Información extra: 

•    Programa executado por REDE ARAÑA, financiado por Fundación INCYDE co  Fondo Social Europeo
•    Totalmente gratuíto para as persoas  participantes
•    A localización depende de conseguir facer un grupo mínimo de 15 persoas

Non perdas esta oportunidade de ter a unha persoa para ti que che axude no teu caso concreto.  
 

 

logo soy emprendedor Galicia y Fondo Social Europeo

 

 

 

Horario

Ás 10.00h da mañá.