Subimos outro nivel na formación en competencias dixitais co proxecto «DIXIGAL». NIVEL AVANZADO

Data
to
Location
Aula CeMIT da Casa de Cultura da Cañiza
Organiser
Concello da Cañiza
Formación
A partires do 9 de setembro iniciamos o NIVEL AVANZADO

Lugar: Aula CeMIT da Casa de Cultura da Cañiza

O proxecto DIXIGAL ten como obxectivo a impartición de accións formativas da familia de informática e comunicación co fin de que os participantes logren a adquisición de competencias dixitais.

Son formacións presenciais 100% gratuítas e ademáis o alumnado que supere o itinerario recibirá, como agasallo, un equipo informático.

O proxecto «DIXIGAL» está composto de 3 niveis: básico, intermedio e avanzado, integradas no marco europeo de competencias.

Nesta formación desenvolverase o NIVEL AVANZADO, que está composto de 5 módulos de 40h cada un, sumando un total de 200h.

Temario do Nivel AVANZADO
  • Análise da información dixital.
  • Creación de contidos dixitais e programación.
  • Comunicación e colaboración con ferramentas dixitais.
  • Resolución de problemas no entorno dixital.
  • Seguridade e civismo no entorno dixital.

 Todas as persoas que desexen ampliar información poden chamar ao número de teléfono: 654 825 395 ou escribir ao e-mail ? dixigal@bigformacion.com

Os interesados poden inscribirse escaneando o código QR.

#DIXIGAL #CompetenciasDixitais #FormaciónGratuita #NivelAvanzado #CeMIT 

Horario

Comezo das clases o martes 9 setembro.