TALLER DE ESTIMULACIÓN COGNITIVA
Tras a sinatura en xuño de 2024 dun convenio de colaboración entre o concello e a asociación “Solidaridad Intergeneracional” para promover o envellecemento activo entre os nosos maiores, estableceuse o desenvolvemento de varias actuacións co obxectivo de axudar a mellorar os hábitos de vida dos veciños da Cañiza, con especial atención a aqueles colectivos que se atopan en situación de maior vulnerabilidade e fraxilidade.
A sinatura deste Convenio pon en marcha de variadas intervencións e cursos que permiten ás persoas maiores, ás persoas con discapacidade e aos seus familiares, conseguir información dos recursos que teñen ao seu alcance e tamén desarrollar actividades de prevención da dependencia, promoción da autonomía persoal e de envellecemento activo e tentar tecer redes de solidariedade veciñal contra a soidade, crear entornos amigables, casas accesibles e servizos de proximidade.
No marco deste Convenio o vindeiro 11 de xuño, a asociación imparte un novo taller de ESTIMULACIÓN COGNITIVA, para favorecer o desenvolvemento persoal, as habilidades cognitivas, a interacción social, a prevención da dependencia e o ocio saudable das persoas maiores.
Se estades interesados en participar podedes contactar:
- Por teléfono: contacto Serafina (psicóloga): 680 559 658
- E-mail: …
Data de inicio: 11 de xuño de 2025, de 17h a 19h nas aulas do Edificio Multiusos da Cañiza ( rúa Progreso, 21 - 1º andar)