TEATRO. representación da obra «PORQUÉ É SALGADA A AUGA DO MAR», a cargo da compañía “Os Quinquilláns”
TEATRO FAMILIAR
O Concello da Cañiza continúa coa súa programación de outono coa obra de teatro: Porqué é salgada a auga do mar, da compañía de teatro “Os Quinquilláns” que nos presenta, neste espectáculo teatral de pequeno formato, unha divertida obra con dous actores onde se debate sobre a orixe do sal na auga do mar.
O argumento parte dun conto tradicional que trata de dar explicación á salinidade dos océanos e que ten versións en case todas as culturas do mundo.
O espectáculo irá acompañado dun pequeno pasarrúas con bonecos inchables, no que o público acompañará aos personaxes a unha “expedición aos fondos mariños” e no que descubrirán cómo viven e se desenvolven especies coma a manta-raia, o cabaliño de mar, os peixes de cores…
DOMINGO 9 DE OUTUBRO, ÁS 17H
Entrada Gratuíta!