A unidade mobil de Doazón de Sangue ADOS estará na Cañiza o 11 de agosto

Data
to
Location
Frente ao Edificio Gran Sol no entronque coa rúa Oriente
Organiser
ADOS
Actividades

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e distribución.

Nos seguintes enlaces encontrará información sobre a doazón de sangue e os requisitos de saúde para participar.  https://ados.sergas.gal/Paxinas/web.aspx

Cada día os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para manter a súa actividade, e a súa colaboración é fundamental.

 

ADOS Axencia de Doazon de Sangue e órganos
Horario

Día 11 de agosto de 2022, de 10 a 14h e de 16h a 21h