XV Xuntanza Moteira organizada polo Motoclube "Tumbada As 4". Sábado 18 de xullo
Actividades
Este sábado 18 de xullo celebrarase a XV Xuntanza Moteira, organizada polo Motoclube "Tumbada As 4".
O evento dará comezo a partir das 17:30 horas, coa saída dos participantes desde o recinto da Peña de Francia. A actividade inclúe unha ruta moteira que culminará cunha merenda de confraternidade na Carballeira do Cacharado.
Trátase dunha cita consolidada no calendario de actividades sociais e deportivas da comarca, que cada ano reúne a numerosos afeccionados ao mundo das motos nun ambiente de convivencia e respecto pola seguridade viaria.
A organización convida a todas as persoas interesadas a participar e desfrutar da xornada.
Horario
O Sábado 18 de xullo, a partires das 17:30h con concentración no recinto da Peña de Francia en Parada