Asistindo á presentación da tempada 2021-2022 do Clube de Futbol Cañiza
Este domingo 3 abril, ás 16h no Campo de Fútbol Municipal de O Vieiro, presentáronse os equipos de Fútbol-8, Fútbol-11 e Senior feminino e masculino.
O domingo 3 de abril o Alcalde Luis Piña tivo a honra de asistir como convidado á presentación da nova temporada do Clube de Fútbol Cañiza. Un acto que tivo lugar ás 16:00h no Campo de Fútbol Municipal de O Vieiro, no que se presentou a todos os xogadores dos equipos de Fútbol-8, de Fútbol-11, Senior Masculino e Senior Feminino.
Nesta ocasión a Presidenta agasallou ao Alcalde, coa entrega dunha camiseta do Clube, por ser o Concello da Cañiza o maior patrocinador do equipo
Dende o Concello desexámoslle a todos os equipos unha grande temporada, que culmine coa mellor clasificación para todas as categorías.
Noraboa a todo o Clube e moita ilusión e éxitos para esta grande familia deportiva!!!
Galería multimedia