CABALGATA DE REIS 2026

Este domingo, 4 de xaneiro de 2026, as súas Maxestades de Oriente visitarán a nosa vila, facendo unha parada na Cañiza para continuar o seu percorrido por todas as vilas e cidades do Mundo.

No mapa, amosámosvos o percorrido dos tres Reis Magos e a súa comitiva polas rúas da nosa vila para que todas as nenas e nenos poidades participar na visita das súas Maxestades.

Unha vez que as súas maxestades rematen o percorrido da Cabalgata, recibirán a todos os nenos e nenas na tradicional  Recepción Real no Auditorio da Casa de Cultura.

 

CABALGATA DE REIS 2026

 

Ademais, por sexto ano consecutivo, os tres Reis Magos visitarán a todas e cada unha das parroquias do noso concello.

Facilitamos os horarios e os lugares de encontro coas súas Maxestades en cada parroquia, por se quederes asistir:

PARROQUIA         

LUGAR DE ENCONTRO COS  REIS MAGOS            

HORARIO

A Franqueira

O Cebreiro

14.30 h

Luneda

San Roque

15 h

Parada

Diante da Igrexa

15.20 h

Valeixe

Explanada da“Hermandad”

15.40 h

O Couto

Diante da Igrexa

16.25 h

Oroso

Diante da Igrexa

16.45 h

Petán

Diante da Igrexa

17.05 h

As Achas

Diante da Igrexa

17.25 h

 

Dende o Concello da Cañiza desexamos que os Reis Magos vos traian moita saúde e felicidade para este ano 2026. 

FELIZ ANO!