A Caniza acolle esta fin de semana a food trucks de “O Sabor das Rías Baixas”
Chega á Caniza a food trucks da campaña provincial “O Sabor das Rías Baixas”, unha iniciativa promovida pola Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas para dar a coñecer e promocionar a gastronomía da provincia.
A campaña fará parada no municipio os días 8, 9 e 10 de maio, ofrecendo degustacións gratuítas e actividades de promoción gastronómica.
A food truck instalarase na Casa do Concello e na explanada do Pavillón Municipal “Carballo do Marco”, co seguinte horario:
- Venres 8 e sábado 9 de maio
- De 12:00 a 15:30 horas na Casa do Concello
- De 18:30 a 21:30 horas na explanada do Pavillón Municipal “Carballo do Marco”
- Domingo 10 de maio
- De 12:00 a 15:30 horas na explanada do Pavillón Municipal
- De 18:30 a 21:30 horas na Casa do Concello
O Concello decidiu emplazar a instalación da food truck nestas dúas localizacións co obxectivo de garantir unha maior visibilidade e participación cidadá.
Coincidindo coa celebración na Caniza da Fase de Ascenso a División de Honra Ouro feminina de balonmán, “decidiuse optimizar a operatividade do programa gastronómico, diversificando os emprazamentos para chegar á maior cantidade de veciños e visitantes posibles”.
Nos podedes perder esta nova cita coa nosa gastronomía!