Concello e Cáritas Diocesana Tui-Vigo colaboran asinando un Convenio para a colocación de 2 contenedores de recollida de roupa

Estarán colocados na Casa de Cultura da Cañiza e no espazo do aparcamento da rúa do Regueiro.

Ademáis con esta sinatura Caritas pon a disposición dos servizos Sociais do Concello un servizo de roupeiro para suplir as carencias de vestimenta das persoas máis necesitadas.

 

O CONCELLO ASINA UN CONVENIO DE COLABORACIÓN CON CARITAS DIOCESANA DE TUI-VIGO PARA A COLOCACIÓN DE 2 CONTENEDORES DE RECOLLIDA DE ROUPA E POSTA A DISPOSICIÓN DO CONCELLO DUN SERVIZO DE ROUPEIRO

  • Segundo manifestou o Alcalde Luis Piña esta mañá, «colaboramos con Cáritas no seu proxecto de inclusión socio laboral dirixido a persoas en situación de risco e na entrega de roupa de segunda man ás persoas máis necesitadas».
  • A empresa encargada de colocar, conservar e recoller a roupa destes contenedores, así como de desenvolver un tratamento axeitado de cada peza e distribuila  é Servicios Comerciales de Inserción Laboral EIL SL, constituida por Caritas co obxectivo de situar ás persoas en situación de risco nun contexto e posición favorables para exercer os seus dereitos de cidadanía en igualdade de oportunidades.

Os contenedores  de roupa estarán situados no espazo da Casa de Cultura da Cañiza e tamén na zona de estacionamento da Rúa Regueiro, non descartando a posibilidade de que nun futuro se poidan colocar máis contenedores de ser necesarios. Estarán debidamente identificados e indicarán as normas internas para o depósito da roupa.

Na sinatura do Convenio, a empresa responsabilizouse da imaxe dos contenedores e de mantelos correctamente, de xeito que poidan estar continuamente en funcionamento. Tamén se  responsabilizou a contratar a correspondente póliza de seguro de danos a terceiros.

Ademáis, Caritas Diocesana pon á disposición dos Servizos Sociais do Concello un servizo de roupeiro municipal que será xestionado para dotar de vestimenta axeitada ás persoas máis necesitadas.

A vixencia do Convenio será de dous anos a partires da súa sinatura e será prorrogable no caso de que ambas partas así o decidan.