Continúa aberto o prazo para obter o graduado en ESO

 

Podes matricularte nas probas libres de maio e setembro se tes 18 anos.

Prazo de inscrición: do 7 de marzo ao 17 de marzo.

 

Máis información: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/36311

 

ABERTO O PRAZO PARA INSCRIPCIÓN NAS PROBAS LIBRES DA ESO.

 

PRAZO INSCRIPCION:    Ata  17/03/2022

As persoas matriculadas na 1ª convocatoria se non superan a totalidade dos ámbitos considéranse matriculadas para a 2ª  convocatoria.

 

CANDO:           1ª convocatoria: 20/05/2022                                   2ª convocatoria: 02/09/2022

 

LUGARES DAS PROBAS:

Vigo:

  • Apelido entra A e L: EPA Berbés. Rúa Marqués de Valterra, 8 – 1º 36202 Vigo.
  • Apelido entre M e Z: IES Santa Irene. Praza  de Améria, 7, 36211 Vigo.

O Porriño:         

  • IES Ribeira do Louro.  Rúa Ribeira, s/n (Torneiros) 36410 O Porriño.

Ourense:

  • EPA de Ourense. Rúa Álvarez de Sotomayor, 4, 32002 Ourense.

 

REQUISITOS:

  • Teren feitos os 18 anos o día anterior á data de realización da proba.
  • Non estaren nin ter estado matriculados no curso 2021/22 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
  • Alumnado matriculado durante o curso 2021/22 na ESO: poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:

             - Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuatrimestre.

             - Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuatrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.