En marcha unha nova edición da «SESTELO CLÁSICA ÁLVARO PINO». 24 de maio de 2026

O Alcalde Luis Piña, presentou xunto aos directivos da Asociación Deportiva Plan C, unha nova edición da Sestelo – Clásica Álvaro Pino, marcha cicloturista que se celebrará o vindeiro 24 de maio de 2026 e que volverá incluír, dentro do seu percorrido, o paso polo noso municipio,.

Durante o encontro, Concello e organización coordinaron os detalles do paso pola localidade. Como en edicións anteriores, establecerase un avituallamento no Alto da Franqueira, xunto ao Santuario, onde o Concello ofrecerá aos participantes un bocadillo do noso mellor xamón.

Segundo a organización está previsto que esta proba, de carácter non competitivo, reúna a arredor de 500 ciclistas e contará con dous percorridos adaptados a diferentes niveis: un itinerario curto duns 75 quilómetros e outro longo de 129 quilómetros, con varios portos de montaña e un notable desnivel acumulado.

O trazado discorrerá por un territorio de grande valor paisaxístico, marcado polos ríos Miño e Tea e por enclaves emblemáticos como o Santuario da Franqueira ou o Castelo de Sobroso, consolidando así a aposta pola promoción turística e deportiva da contorna.

A marcha, que leva o nome do ex ciclista ponteareán Álvaro Pino, continúa a consolidarse como unha das citas destacadas do calendario cicloturista, tanto a nivel galego como nacional. Nesta edición conmemorarase tamén o 40 aniversario da victoria do Ciclista na "Vuelta a España".

As inscricións poden realizarse a través da páxina web oficial www.clasicaalvaropino.com, onde tamén se pode consultar toda a información da proba.

 

En marcha unha nova edición da «SESTELO CLÁSICA ÁLVARO PINO». 24 de maio de 2026  O Alcalde Luis Piña, presentou xunto aos directivos da Asociación Deportiva Plan C unha nova edición da Sestelo – Clásica Álvaro Pino, marcha cicloturista que se celebrará o vindeiro 24 de maio de 2026 e que volverá incluír o paso polo noso municipio, dentro do seu percorrido.  Durante o encontro, Concello e organización coordinaron os detalles do paso pola nosa localidade. Como en edicións anteriores, establecerase un avitual