Entrega de acreditacións do curso de Informática básica

Un curso gratuito de 40h de duración incluido nas actividades formativas que organiza o Concello da Cañiza dentro da súa programación anual da Aula CEMIT

 

O ALCALDE ENTREGA OS DIPLOMAS ACREDITATIVOS DO CURSO DE «INFORMÁTICA BÁSICA», REMATADO ESTE MES DE MARZO

 Luis Piña entregou esta mañá os diplomas aos alumnos participantes neste curso gratuíto de alfabetización informática que estivo deseñado específicamente para ensinar dende cero e sen necesidade de coñecementos previos sobre o uso do ordenador e a navegación por internet.

Esta formación estaba dirixida a persoas que non estiveran familiarizadas co ordenador, ben porque nunca o usaron ou ben porque desexaban aprender paso a paso.

Acender e apagar correctamente  o ordenador, manexar o rato e teclado con soltura, familiarizarse co entorno de traballo e as ventás do Sistema Operativo, aprender a xestionar arquivos e cartafoles (crear, eliminar, copiar, ...), copiar un documento nunha unidade extraíble (memoria USB), crear, editar e/ou imprimir un documento cun editor de textos e aprender nopcións básica de Word e Excell, foron algúns dos contidos aprendidos durante o curso.