Felicitamos ao Club Balonmán Cañiza polo dobre triunfo no Torneo Concello da Caniza

  • Os equipos Saeplast Cañiza e Helvetia Saeplast Cañiza proclamáronse campións da competición celebrada este fin de semana no Pavillón Municipal Carballo do Marco.
  • O Alcalde trasladou a súa felicitación ao Club Balonmán Cañiza e aos dous equipos gañadores polos seus triunfos no Torneo celebrado o pasado venres, 28 de agosto, no marco da programación do Verán de Lecer 2026.
  • A xornada deixou un dobre éxito para o balonmán local, con vitorias tanto na categoría feminina como na masculina. No encontro feminino, o Saeplast Cañiza impúxose ao Disiclin Lalín por 22-16, mentres que no partido masculino o Helvetia Saeplast Cañiza venceu ao Samertolameu por 26-24.

Luis Piña ponderou este dobre triunfo como un éxito compartido por todo o deporte da Caniza e salientou o traballo que o Club Balonmán desenvolve ao longo do ano para impulsar e facer medrar esta disciplina no municipio. “Felicitamos a todos por este dobre éxito compartido”, sinalou o Alcalde, destacando tamén a importancia de que a veciñanza poida gozar de xornadas deportivas como esta e acompañar aos equipos locais.

O Torneo foi organizado polo Concello en colaboración co Club Balonmán Cañiza, e permitiu achegar novamente o balonmán á cidadanía dentro da programación estival municipal.

A 1ª Tenente de Alcalde, Mª José Rodríguez, foi a encargada de entregar os trofeos aos equipos campións, mentres que o presidente do Club Balonmán Cañiza, Marcos Estévez, fixo entrega dos trofeos aos equipos subcampións.

Desde o Concello agradeceuse a participación dos catro equipos —Saeplast Cañiza, Disiclin Lalín, Helvetia Saeplast Cañiza e Samertolameu— así como a todas as persoas que se achegaron ao Pavillón Municipal co para apoiar aos xogadores e xogadoras.

Noraboa ao Club Balonmán Cañiza e aos dous equipos locais por este dobre triunfo!