Festas do Xamón 2026. Regulación e circulación do tráfico - 14 e 15 de agosto

Poñemos á vosa disposición un plano explicativo coa normativa de circulación que estará vixente durante os días de festa, onde se indican os puntos de interese e os sentidos de circulación dos vehículos.

Infórmase, ademais, das zonas nas que estará prohibido estacionar, facendo especial fincapé na rúa Rosalía de Castro, desde o estanco Cacheiras ata a panadaría Pirucho. Este tramo funcionará como vía de dobre dirección, polo que estará prohibido estacionar en ambas marxes.

Os vehículos que incumpran esta norma serán retirados por grúa e sancionados con multa.

Tamén se sinalan as áreas de acceso restrinxido.

A vosa colaboración é fundamental para garantir unha circulación fluída e segura durante as Festas do Xamón 2026. O cumprimento destas indicacións beneficiará a todos, facilitando o desenvolvemento das festas e mellorando a convivencia.

Grazas pola vosa comprensión e apoio.

Festas do Xamón 2026. Regulación e circulación do tráfico - 14 e 15 de agosto