MINUTO DE SILENCIO pola traxedia provocada pola DANA na Comunidade Valenciana.

As fortes choivas e tormentas provocadas pola DANA, especialmente nas provincias de Albacete e da Comunidade Valenciana,  ocasionaron graves consecuencias nestes territorios, con perda de vidas humanas, persoas desaparecidas e grandes danos materiais.
 

Dende o Concello da Cañiza convocamos 1 MINUTO DE SILENCIO hoxe, 31 de outubro, ás 12h na porta da Casa Consistorial.

En sinal de duelo polas vítimas á consecuencia do temporal.

A Cañiza solidarízase e envía as súas condolencias aos familiares das persoas falecidas, desaparecidas e a todos os damnificados.