O Concello informa que, finalmente, queda sen efecto a anulación da Sardiñada prevista para o domingo 24 de agosto na Carballeira do Cacharado, anunciada onte ante a previsión de choiva das principais axencias meteorolóxicas.
As últimas actualizacións das predicións anuncian unha importante melloría do tempo, polo que se decidiu retomar a celebración deste evento tan esperado, que supón o broche de ouro das Festas do Xamón.
A programación mantense íntegra:
- Desde o mediodía serviranse as racións de sardiñas e churrasco de vitela.
- Contaremos con animación musical coa charanga Vaite Xa e as pandereteiras da Asociación Cultural Os Furafollas de Oroso.
- A partir das 17:00 h celebraremos a Festa da Escuma con inchables para os máis pequenos.
As reservas de mesas xa realizadas seguen a ser válidas.
Agradecemos a comprensión pola modificación anterior e convidamos á veciñanza e visitantes a participar e desfrutar desta nova cita gastronómica.