O Alcalde entrega a “Finca Briabí” da Cañiza un novo distintivo SICTED de calidade turística

Este luns o GDR Terra e Auga organizou en Salvaterra de Miño a IV GALA DE CALIDADE TURÍSTICA, nun acto no que se entregaron 4 novos distintivos SICTED, un selo de compromiso de calidade turística.

Cos novos certificados, o territorio acada 53 selos que acreditan o seu bo facer en materia de xestión turística. A Cañiza xa conta con 6 negocios acreditados con este distintivo: Vivenda Turística A Pampla, Bodega Torgo, Centro de Estudos Serán de Torgo, Bodega Eido da Fonte,  Casa Vilamide e Finca Briabí, que este ano renovou esta concesión. 

 A todos eles  felicidades e noraboa.

O distintivo SICTED é un selo de compromiso de calidade turística que acredita e recoñece a nivel nacional o esforzo realizado polos establecementos e servizos que participan no Xeodestino Condado Paradanta.