Iniciado o pasado 28 de outubro, no marco da inauguración da tempada dos cocidos cañicenses.
O Concello sorteou o pasado 29 de novembro os 30 premios asociados á campaña de promoción dos cocidos cañicenses que se desenvolveu dende o 28 de outubro ata o día 3 de novembro.
Unha campaña que consistíu no regalo dunha rifa a todos aqueles comensais que durante dita semana, consumiran unha ración de cocido cañicense nos locais adheridos: Bar Piri-Piri, Bar Eligio, Area de Servicio, Chiringuito da Avoa, Finca Briabí, Restaurante Arela, Restaurante Os do Resero, Eido do Monte, Xamonería Pirri, Xamonería Xatomé .
Onte entregáronse os primeiros premios dun total de 30 noites de hotel para dúas persoas a desfrutar nun dos 3 establecementos da Cañiza participantes nesta iniciativa: Apartamentos Turísticos Augusto, Finca Briabí e Casa Rural Vieiro.
Na páxina web do Concello, www.caniza.org e nas redes sociais pódense consultar os números premiados.
Dende o Concello lémbrase aos portadores dos numeros premiados, que onte non puideron asistir ao acto conxunto de entrega das acreditacións, que teñen 1 mes para recoller nas oficinas municipais do Concello ( rúa Oriente, nº 11 – 1º andar da Cañiza) o vale correspondente para 1 noite de hotel para dúas persoas, debendo presentar, de xeito obrigado, o vale ou factura.
Recordar tamén que o período de validez dos vales está comprendido entre o 2 de decembro de 2024 ata o día 30 de marzo de 2025 (agás a campaña de Nadal).