O Concello rematou os traballos de instalación de dúas plantas de xeración fotovoltaica para autoconsumo colectivo nos pavillóns municipais da Cañiza e de Valeixe, cun investimento total de 72.727,41 €, dos que o 60% (43.636,45 €) foron subvencionados polo Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), ao abeiro das axudas para proxectos de enerxía fotovoltaica, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa Galicia FEDER 2021-2027
Luis Piña visitou esta mañá as instalacións acompañado polos técnicos de Construelectric Systems Galicia, S.L., empresa adxudicataria das obras, para coñecer de primeira man o funcionamento dos sistemas instalados.
Segundo comunicou o Alcalde “Estas dúas plantas fotovoltaicas son un paso máis no compromiso da Cañiza coa eficiencia enerxética e coa redución da factura eléctrica municipal. Ademais de xerar electricidade para os dous pavillóns, producirán enerxía para outras instalacións municipais como a Piscina Municipal, o CPI A Cañiza, o Colexio Público de Valeixe e a EDAR de Valeixe. Deste xeito, conseguimos un beneficio directo para a veciñanza, optimizando os recursos públicos e reducindo custos a medio prazo.”
A inversión está desglosada en dúas actuacións.
A primeira no Pavillón da Cañiza
- Investimento total: 47.916,00 €
- Execución material: 33.277,31 €
- Gastos xerais (13%): 4.326,05 €
- Beneficio industrial (6%): 1.996,64 €
- IVE (21%): 8.316,00 €
- Honorarios de dirección de obra, coordinación de seguridade e legalización: 3.146,00 €
- Subvención INEGA: 28.749,60 €
A instalación consta de 100 paneis solares bifaciais de 500 Wp, cunha potencia total de 50 kWp, situados na cuberta do pavillón. A enerxía producida dará servizo tamén á Piscina Municipal e ao CPI A Cañiza, reducindo a dependencia da rede e garantindo un aforro enerxético, económico e ambiental
Unha segunda actuación no Pavillón de Valeixe
- Investimento total: 24.811,41 €
- Execución material: 17.231,34 €
- Gastos xerais (13%): 2.240,08 €
- Beneficio industrial (6%): 1.033,88 €
- IVE (21%): 4.306,11 €
- Honorarios de dirección de obra, coordinación de seguridade e saúde: 1.936,00 €
- Subvención INEGA: 14.886,85 €
A instalación está formada por 48 paneis solares bifaciais de 500 Wp, cunha potencia total de 24 kWp. A enerxía xerada abastecerá, ademais do propio pavillón, á EDAR de Valeixe e ao Colexio Público de Valeixe, permitindo así unha xestión máis sostible do consumo municipal
As obras contaron coas autorizacións sectoriais preceptivas: a da Dirección Xeral de Montes da Consellería de Medio Rural, ao estaren parte das instalacións situadas en monte veciñal en man común, e no caso de Valeixe, a da Deputación de Pontevedra, por tratarse dunha zona de afección dunha estrada provincial.
Galería multimedia