O Alcalde Luis Piña entrega os segundos 1.000 € en premios da campaña «A Confianza de Sempre, Agasállate Este Nadal»

O Concello da Cañiza iniciou o ano coa entrega dos segundos premios da campaña de fidelización comercial «A Confianza de Sempre, Agasállate Este Nadal». O acto tivo lugar esta mañá e contou coa presenza do Alcalde, Luis Piña, xunto con membros da directiva da Asociación de Comerciantes da Cañiza.

Os 1.000 € entregados corresponden ao segundo sorteo da campaña, celebrado o pasado venres 9 de xaneiro. As persoas agraciadas recolleron os seus premios ás 9:30 horas, consistentes en vales de compra distribuídos en 5 bonos de 10 € cada un, que xa poden empregarse desde hoxe nos establecementos da vila adheridos á iniciativa.

A campaña, activa desde o 15 de decembro e ata o 5 de febreiro de 2026, está promovida polo Concello da Cañiza en colaboración coa Asociación de Comerciantes, que realiza unha achega de 500 € ao importe total dos premios.

Con esta acción búscase impulsar o consumo de proximidade e afianzar a relación da veciñanza co pequeno e mediano comercio, un sector clave para a dinamización económica e social da vila.

No conxunto da campaña sortearanse 4.000 € en vales de compra, dirixidos ás persoas que realicen compras por un importe igual ou superior a 20 € nos comercios participantes. O programa inclúe catro sorteos, dous xa realizados —o 26 de decembro e o 9 de xaneiro— e dous pendentes, que terán lugar os días 23 de xaneiro e 6 de febreiro de 2026.

En cada un dos sorteos repártense 20 premios de 50 €, entregados en vales de 10 €. Estes bonos poderán utilizarse ata o 8 de marzo de 2026, incluído, debendo gastarse na súa totalidade e sen opción de devolución en metálico.

As persoas interesadas poden consultar as bases completas da campaña na web municipal: www.caniza.org.

Durante a entrega dos premios, o alcalde animou á cidadanía a continuar participando e lembrou a importancia de solicitar os boletos ao mercar na vila: “Nestas datas, se mercas na Cañiza, non esquezas pedir os teus boletos. Moita sorte!”

Desde o Concello felicítase ás persoas premiadas e agradécese á veciñanza o seu apoio e confianza no comercio local.

O Alcalde Luis Piña entrega os segundos 1.000 € en premios da campaña «A Confianza de Sempre, Agasállate Este Nadal»  O Concello da Cañiza iniciou o ano coa entrega dos segundos premios da campaña de fidelización comercial «A Confianza de Sempre, Agasállate Este Nadal». O acto tivo lugar esta mañá e contou coa presenza do Alcalde, Luis Piña, xunto con membros da directiva da Asociación de Comerciantes da Cañiza.  Os 1.000 € entregados corresponden ao segundo sorteo da campaña, celebrado o pasado venres 9 de