O Alcalde recepciona no «almacén solidario de alimentos do Concello» unha nova doazón do empresario cañicense José Benito Martínez, Rodabén
Luis Piña agradece esta acción solidaria en beneficio das familias incluidas nos programas de emerxencia social desenvolvidas dende o Concello.
Estes programas engloban actuacións de carácter individual e familiar, levados a cabo dende os Servizos Sociais Comunitarios do Concello.
Son axudas individualizadas dirixidas a apoiar economicamente a persoas ou unidades convivenciais cuxos recursos resultan insuficientes.
Axudas necesarias para previr, evitar ou paliar situacións de exclusión social.