O Concello adxudica o contrato para a reforma enerxética da piscina climatizada
O Alcalde Luis Piña anuncia a adxudicación desta obra de rehabilitación que conta cun investimento total de 742.747,95€ dos que 689.048,95€ están financiados pola Deputación de Pontevedra.
A mercantil CIVIS GLOBAL, S.L.U de Vigo será a encargada de reformar a piscina e disporá dun prazo de 10 meses para executar a reforma dende a sinatura do contrato.
- A Xunta de Goberno Local do Concello, na sesión celebrada hoxe, 7 de febreiro, adoptou por unanimidade o acordo favorable do expediente de contratación.
- Segundo comunicou o Alcalde a piscina poderá abrirse de novo nos primeiros meses de 2023 como unha instalación totalmente reformada e eficiente.
- Unha vez máis A Cañiza conta coa axuda da Deputación Provincial presidida por Carmela Silva para financiar o 100% da obra de reforma que permitirá abrir a piscina: 689.048,95€
A empresa CIVIS GLOBAL, S.L.U, adxudicataria do contrato iniciado por procedemento aberto simplificado, disporá dun prazo de 10 meses a partires da sinatura do contrato para executar a reforma consistente en OBRAS DE REPARACIÓN, MELLORA NAS INSTALACIONS E RENOVACION DE ACABADOS NOS VESTIARIOS DA PISCINA, segundo a definición e requisitos incluídos no anexo ao proxecto de execución de rehabilitación enerxética da piscina municipal redactado polos arquitectos Jorge Nimo Silva e Carlos Mezquita Fernández visado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en data 26.07.2021.
Unha obra cun investimento total de 742.747,95€, dos que 689.048,95€ corresponden á execución da obra e 53.699,00€ a costes de redacción de proxectos, dirección de obra e dirección de execución material e coordinación de seguridade e saúde.
Os costes de execución da obra están financiados ao 100% pola Deputación de Pontevedra que aportará 500.776,16€ a través do Plan extraordinario «REACPON» (Reacciona Pontevedra) e 188.272,79€ procedentes do PLAN CONCELLOS 2022-2023 LIÑA 1 de INVESTIMENTOS.
A reforma cambiará todo o sistema de climatización da piscina. Actuarase en todo o tellado para acadar un maior aislamento térmico. Se calefactará a zona de vestiarios e se sustituirá o uso de gas-oil por pellets co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética e reducir os consumos.
Tamén se eliminará o vaso da piscina pequena para incluir neste espazo unha sala polivalente de máis de 200 m2 e o vaso grande quedará a un nivel profundo de 1.30 m e 1.20 m nos laterais, reducindo considerablemente os consumos enerxéticos xa que a piscina tiña unha profundidade de 2m.
Outra das novidades deste proxecto será a nova zona de SPA que se situará no lugar que ocupaba a metade das gradas. Terá capacidade para 10 persoas e saunas húmidas e secas.
SEGUNDO COMUNICOU O ALCALDE LUIS PIÑA «ÁBRESE UNHA NOVA ETAPA PARA ESTA PISCINA CON 27 ANOS DE ANTIGÜEDADE»
«UNHA VEZ MÁIS A CAÑIZA CONTA COA AXUDA DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL PRESIDIDA POR CARMELA SILVA PARA PODER EXECUTAR AS OBRAS DE REFORMA DA PISCINA QUE PERMITIRÁN A SÚA APERTURA A PRINCIPIO DE 2023
A piscina municipal climatizada da Cañiza abrirá de novo ao público a comezo do ano 2023 grazas á rehabilitación enerxética que comezará nestes días .
No mes de abril de 2020, paralelamente á declaración do Estado da Alarma provocada pola Pandemia da COVID-19, o Concello adoptou a decisión de pechar as instalacións porque, ademáis de atender á medida sanitaria, «existía unha perda acumulada de 180.000€ anuais que nos últimos 9 anos chegaba a 1.400.000,00€»,
En palabras do Alcalde Luis Piña «Cando se decidiu non abrir a piscina en setembro do 2020, motivado polas inasumibles perdas económicas derivadas do mantemento da instalación (así como polo Estado de Alarma decretado polo Goberno), dende a Alcaldía adquirimos o compromiso de estudiar a viabilidade de poder continuar mantendo aberta esta histórica instalación municipal. Asumimos tamén o compromiso de buscar unha solución para reformar o edificio ata conseguir a súa eficiencia enerxética e funcional e tamén de buscar financiación para poder executar esta reforma».
«Hoxe iniciase unha nova etapa. O inicio das obras de reforma da piscina climatizada».