O Concello anuncia unha hora de atraccións sen ruído nas Festas do Xamón

O Concello establece unha hora de atraccións silenciosas, co obxectivo de que todos os nenos e nenas poidan gozar das festas, incluídos aqueles con hipersensibilidade auditiva ou outras necesidades ou dificultades relacionadas cos estímulos sensoriais.

📅 Días: 14 e 15 de agosto
🕖 Horario: de 19:00 a 20:00 horas
📍 Lugar: recinto de festas, na zona do Regueiro

Durante esta hora, as atraccións e os chiringuitos funcionarán sen música alta, megafonía nin outros ruídos intensos, reducindo os estímulos auditivos.

Esta iniciativa busca que as familias poidan gozar xuntas das festas nun ambiente máis tranquilo, accesible e inclusivo, facilitando a participación de todos os nenos.

Boas festas!