O Concello comeza a traballar na Citania Castrexa de As Grades
O Alcalde anunciou esta mañá esta iniciativa que ademáis de recuperar un gran asentamento fortificado, permitirá a rexeneración do ecosistema no que se emplaza e a inclusión deste potente activo na oferta turística do concello.
- Luis Piña mantivo ata o momento tres reunións cos propietarios das parcelas que maioritariamente están a favor da recuperación deste gran xacemento arqueolóxico de 10,04 ha de terreo forestal.
- A maioría destes propietarios tamén son favorables á cesión dos terreos, pero debido a que os títulos de propiedade de moitas parcelas todavía están rexistradas a nome de antepasados, para acelerar os trámites de cambio de titularidade a favor da Entidade Local, o mecanismo máis axeitado e rápido é o da expropiación.
- Co consenso e o favor da maioría dos titulares, o Concello comeza cos trámites do procedemento para a contratación da redacción do proxecto de expropiacion dos terreos.
- A recuperación desta gran fortificación castrexa suporá para o Concello da Cañiza sacar á luz un importante patrimonio cultural, rexenerar ambientalmente a contorna e engadir este activo á oferta turística do Concello e mesmo da Comarca, con capacidade para atraer visitantes e turistas e reactivar a economía local.
O Alcalde Luis Piña anunciou esta mañá o inicio do procedemento para a «Recuperación dos Castros Cidade de Achas e A Cerquiña» que pasa primeiramente pola adquisición dos terreos a través dun proceso de expropiación. O Concello acaba de asinar o inicio deste procedemento para a contratación dunha empresa redactora do proxecto de expropiación.
PROXECTO DE RECUPERACIÓN DOS CASTROS CIDADE DE ACHAS E A CERQUIÑA
Dous asentamentos fortificados, o Grande Castro da Cidade das Achas e o Castro da Cerquiña que destacan polo seu imponente sistema defensivo, dotado de grandes parapetos e murallas, como se recolle en varias memorias e anteproxectos que o Concello da Cañiza xa ten ao seu dispor e que propoñen a posta en valor destes dous espazos e do patrimonio cultural da Cañiza.
Unhas actuacións que teñen por obxecto documentar os restos arqueolóxicos existentes no castro da Cidade e divulgalos entre os veciños mediante charlas, visitas e obradoiros, fornecendo un recurso patrimonial e turístico, visitable no noso Concello.
Esta actuación contempla tamén a creación dunha imaxe e nome para o proxecto de divulgación arqueolóxica, cun logo exclusivo e forte presencia nas redes sociais e prensa.
Inclúe charlas divulgativas previas á intervención, co obxectivo de concienciar aos veciños e implicalos no proxecto; o desbroce do xacemento e corta de especies arbóreas, principalmente eucaliptos, que non permiten contemplar o tamaño e grande dimensión do xacemento e por último unha importante intervención arqueolóxica co obxectivo de cubrir un mínimo de 8 sondaxes de 2x2 metros polos puntos de maior potencialidade arqueolóxica.
Co obxectivo de constatar restos arqueolóxicos, a intervención estará aberta ao público e divulgada mediante visitas puntuais.
SEGUNDO MANIFESTOU O ALCALDE LUIS PIÑA «TEMOS QUE APROVEITAR A CERCANÍA CON OURENSE E A CHEGADA DO AVE A GALICIA E MELLORAR A NOSA COMPETITIVIDADE E RECURSOS E ACTIVOS PARA CAPTAR TURISTAS»
ESTA ACTUACIÓN PERMITIRÁ COMPLETAR A OFERTA TURÍSTICA
Será unha intervención de gran valor para o turismo non so da Cañiza senon tamén da comarca que axudará a fortalecer a cohesión territorial da zona da Paradanta e por suposto axudará A Cañiza a mellorar o seu abanico e competitividade turística.
Ademáis esta actuación axudará a poñer freo á pérdida da biodiversidade xa que o estado de abandono no que se atopa e a falta de uso das parcelas propiciou a ocupación da superficie por especies invasoras, danando a biodiversidade autóctona deste paraxe.
Segúndo manifestou o Alcalde esta mañá «con esta actuación conseguiremos recuperar a memoria da nosa orixe como Comunidade e os inicios da nosa cultura e Pobo e emponderalos a través da divulgación e visitas turísticas que tamén axudarán a crear riqueza impulsando a economía local».