O Concello e o IES «EFA A CANCELA» de As Neves colaboran en materia de formación

Así o comunicou esta mañá o Alcalde Luis Piña despois de reunirse coa tutora responsable do alumnado do Ciclo Superior de Educación Infantil, Noemi Lago Francisco.

Este convenio permitirá que 3 alumnas deste ciclo poidan continuar a súa formación en prácticas durante unha estadía na Escola Infantil Municipal da Cañiza.

Entre os días 14 a 18 deste mes poderán coñecer a realidade das aulas, os espazos e obradoiros desenvolvidos polo personal municipal como parte do proxecto Aula-Empresa que levan a cabo nese centro de educación.

Cumpliranse os protocolos Covid establecidos.