O Concello informa sobre o cambio da súa denominación oficial no Nomenclátor de Galicia

O Concello informa da aprobación do Decreto 27/2026, do 30 de marzo, polo que a Xunta de Galicia aproba o Nomenclátor de Galicia, publicado no Diario Oficial de Galicia o 10 de abril de 2026.

O Decreto recolle o cambio da denominación oficial do municipio de “CAÑIZA, A” a “CANIZA, A”, xunto con outras modificacións toponímicas do noso territorio.

No marco deste proceso, trasladouse ao concello a comunicación da Comisión de Toponimia de Galicia xunto co informe elaborado pola Real Academia Galega, no que se recollen os argumentos que fundamentan a proposta de modificación na revisión do Nomenclátor de Galicia 2025.

O procedemento seguido para a aprobación do Nomenclátor de Galicia desenvolveuse conforme ás seguintes actuacións:

18 de xullo de 2025: a Comisión de Toponimia emite ditame no que se validan as propostas de modificación derivadas dos traballos técnicos realizados polo Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, que posteriormente foron trasladadas aos concellos.

Tamén nestas datas desenvolveuse un proceso informativo, incluíndo a comunicación das propostas e a realización de actuacións informativas no municipio por parte de representantes da Real Academia Galega e da Xunta de Galicia.

O 30 de marzo de 2026 o Consello da Xunta de Galicia aproba o Nomenclátor de Galicia mediante o Decreto 27/2026 e o 10 de abril publícase no Diario Oficial de Galicia, Nº 66, entrando en vigor o día seguinte 11 de abril.

A determinación dos nomes oficiais dos municipios de Galicia corresponde á Xunta de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 3/1983, de normalización lingüística, e no Decreto 132/1984, regulador do procedemento de fixación da toponimia.