O Concello inicia o proceso de contratación de 12 traballadores

O Concello lanza esta nova convocatoria pública de emprego para a contratación de 2 mozos de recollida de lixo, 7 peóns de obras públicas  e 3 conductores – operadores de maquinaria de vías.

  • Os empregados seleccionados poderían empezar a traballar a finais do mes de marzo.

 

  • Este persoal entrará a formar parte das brigadas responsables de executar os traballos de desbroce, poda, limpeza e outras actuacións municipais.

 

  • Estas contratacións forman parte das políticas activas de emprego e contan cunha subvención do “PLAN CONCELLOS 2022, Liña 3” da Deputación Provincial  de  124.903,05 €,  para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.

 

O proceso de selección iniciarase coa oferta que o Concello enviará á oficina “Emprego Galicia” da Cañiza, para solicitar unha relación de candidatos e candidatas para a cobertura de cada posto.

Todas as prazas ofertadas son a xornada completa, 7,5 horas diarias durante 6 meses. Así ofrécese emprego de calidade a diferenza de anos anteriores nos que as xornadas estaban recortadas. Ademáis os salarios deste persoal  se equiparan cos dos empregados do concello con similares ocupacións.

Por terceiro ano consecutivo elimínase a entrevista no proceso de selección, converténdose nun concurso garantista ao 100 % dos principios constitucionais de igualdade de oportunidades, mérito e capacidade.