Na sesión ordinaria do Pleno celebrado este xoves, aprobáronse provisionalmente estas dúas modificacións que en ambos casos comezaron a aplicarse en xaneiro do ano 1.990.
No caso da Ordenanza fiscal reguladora da Plusvalía o Concello acordou a última modificación puntual no ano 2016 polo que, 8 anos despois, era necesaria a súa actualización para adaptala aos novos requerimentos esixidos polo RD Lei 26/21 do 8 de novembro polo que se adapta a Lei Reguladora de Haciendas Locales á reciente xurisprudencia do Tribunal Constitucional no referente ás Plusvalías.
Con todo, esta modificación non contempla ningún tipo de subida. A porcentaxe impositiva segue sen incrementarse. A actualización tamén recolle unha bonificación, no Artigo 7, do 75% nas transmisións de terreos sobre os que se desenvolvan actividades económicas que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico artísticas ou de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración.
Por outra banda, a ordenanza reguladora do ICIO, que foi modificada por última vez no ano 2018, pasa dun tipo impositivo dun 2,8 a un 3,8. Un punto de incremento que prácticamente non terá repercusión nas obras que necesiten comunicación previa ou declaración, que son a gran maioría das que se presentan no Concello.
Neste imposto son de aplicación 4 bonificacións que se recollen no Artigo 4. Punto 2 da Ordenanza e que se refieren as construcións, instalacións ou obras que sexan declaradas de “especial interese ou utilidade municipal” .
Esta medida sí que afectará ás grandes inversións que a medio ou largo prazo poidan realizarse no noso término municipal.