A piscina climatizada inicia o curso 2024 - 2025 o vindeiro 1 de outubro

  • O Alcalde anunciou esta mañá que se actualizan os prezos da piscina climatizada e do ximnasio municipal.
  • Ademáis Luis Piña informou que nesta tempada estará habilitada a nova sala polivalente para ximnasio, construída no espazo que ocupaba o antiguo vaso pequeno da piscina. Unha zona na que se tivo que desenvolver unha segunda actuación debido á humidade que trasmitían os vasos de condensación, situados no sótano, xusto debaixo desta sala.  Despois das actuacións que o Concello está desenvolvendo, nas vindeiras semanas estará preparada para o seu uso.

 

A Xunta de Goberno Local celebrada o pasado 20 de setembro aprobou a actualización de prezos para esta nova tempada, tomando como referencia a subida de costes e do IPC de 2023,  quedando fixado un incremento dun 3,1% para a piscina climatizada e un 20,8% para o ximnasio municipal. Esta actualización suporá un pequeno incremento respecto do ano pasado e no caso do ximnasio queda xustificada por estar conxeladas as regularizacións dende a posta en marcha do servizo (2011).

Tamén quedaron simplificadas as tarifas do ximnasio, vixentes ata o de agora.

Ademáis validáronse os horarios dos cursos que se desenvolverán no complexo deportivo.

O prazo de formalización de matrículas para esta nova tempada xa está aberto polo que todos os interesados poden solicitar información ou inscribirse na recepción da piscina que permanecerá aberta en horario de mañá e de tarde.

Despois de desenvolverse os traballos de mantemento propios do inicio da nova tempada, esta semana comeza a encherse a piscina e a prepararse a instalación para a súa apertura o vindeiro martes 1 de outubro.

 

Balance económico do servizo deportivo piscina – ximnasio 2023-2024

Coa reforma desenvolvida na instalación, o Concello conseguiu rebaixar os consumos enerxéticos nun 50%. Tomando como referencia o último ano en que permaneceu aberto o complexo deportivo, o ano 2019, nesta anualidade o consumos eléctricos sumaron un total anual de 60.480,79€, mentres que na última tempada computada dende outubro de 2023 a setembro de 2024 a factura anual da luz foi de 37.139,32€ (é necesario ter en conta que dende 2019 a luz tamén experimentou unha forte subida).

Ademáis conseguiuse aumentar os ingresos pasando de 99.022,40€ no ano 2019 a 161.250,52€ na tempada pasada.

O balance económicoreporta unha suma de gastos de 269.403,45€, correspondendo 134.630.41€ aos costes de salarios e Seguridade Social do persoal, o 50% dos gastos totais.

Con todo, segundo reflicten os balances desta última tempada en comparación coa de 2019, conseguiuse baixar os costes nun total de 77.887,41€, tendo en conta ademáis a subida do IPC nestes 5 últimos anos (14,1%).

CAPÍTULO DE GASTOS: 269.403,45€, desagregados en:

  • Salarios persoal piscina /ximnasio: 134.630,41€
  • Subministro eléctrico: 37.139,32€
  • Subministro pellets: 50.334,57€
  • Mantemento técnico das instalación: 17.305.01€
  • Servizo de limpeza: 22.509,73€
  • Reparación e traballos de mantemento:2.174,71€
  • Mantemento ascensor ximnasio: 1208,00€
  • Seguro de responsabilidade Civil: 1.469,48
  • Aplicacións informáticas: 1.672,22€
  • Teléfono: 960,00€

CAPÍTULO DE INGRESOS: 161.250,52€,

BALANCE DA TEMPADA 2023-2024: -108.152,93€.  

Con todo, este saldo negativo supón unha baixada dos gastos de 77.887,41€ respecto ao ano 2019, tempada que se pechou cun déficit de  -186.040,34€

 

Reforma da piscina climatizada

A reforma enerxética da piscina climatizada, rematada en marzo de 2023,  permitiu  adaptar a instalación ás novas realidades, baixar os consumos e prezos enerxéticos e optimizar e facer sostible o servizo, de forma que se poida garantir o seu futuro.

Esta reforma tivo un investimento de case un millón de €uros. Un total de 945.660,77€uros para os que o Concello conseguiu tres ayudas.

  • A máis importante de 727.678,69€ € do MITMA (Ministerio de Transportes, Movilidade e Axenda Urbana) a través do PIREP Línea 1 (Plan rehabilitación de edificios de titularidade pública)
  •  seguida de dúas subvencións da Deputación de Pontevedra, conseguidas a través de dous programas:
    • o ReacPon (Plan de inversión Reacciona Pontevedra) cunha axuda de 76.684,03€
    • e do Plan Concellos 2022-2023, cunha subvención de 28.830,28€.
  • O Concello aportou para esta rehabilitación un total de 112.467,77€ a través dun préstamo a 12 anos que foi concertado con ABANCA a finais de 2022.
  • Ademáis investíronse outros 89.000€ para cambiar a carpintería metálica e ventanais da entrada que contou cunha subvención do Fondo de Compensación Medioambiental da Xunta de Galicia.
A PISCINA CLIMATIZADA INICIA O CURSO 2024-2025 O VINDEIRO 1 DE OUTUBRO
A PISCINA CLIMATIZADA INICIA O CURSO 2024-2025 O VINDEIRO 1 DE OUTUBRO

PREZOS PISCINA CLIMATIZADA - XIMNASIO MUNICIPAL 

A PISCINA CLIMATIZADA INICIA O CURSO 2024-2025 O VINDEIRO 1 DE OUTUBRO
Abrimos o prazo de matriculacion na piscina climatizada para este 2024/2025