A Piscina Municipal das Grades e a Praia Fluvial de Luneda permanecerán abertas este fin de semana
As dúas instalacións poderán desfrutarse ata o domingo 13 de setembro, incluído
O Concello informa de que, aproveitando as boas condicións meteorolóxicas, a Piscina Municipal das Grades e a Praia Fluvial de Luneda permanecerán abertas este fin de semana.
O luns 14 de setembro darase por finalizada a tempada, estando prohibido o baño nas dúas instalacións.
No caso da Praia Fluvial de Luneda, por motivos de seguridade e de cara á vindeira tempada de outono e inverno, procederase á apertura da comporta, co obxectivo de reducir o nivel da auga e evitar riscos asociados a posibles incrementos do caudal.
O Concello agradece aos veciños e visitantes a utilización, colaboración e bo uso das dúas instalacións ao longo deste verán.
Animanos a todos a aproveitar esta última fin de semana para desfrutar destes dous espazos de lecer!.