Reforma da cuberta do pavillón deportivo de Valeixe
Esta semana o Alcalde visitou as obras de reforma integral do tellado do pavillón. Unha instalación municipal que padecía graves deficiencias estructurais polo mal estado de conservación que presentaba, sobre todo na cubrición.
CUNHA INVERSIÓN DE 116.236,41€, A REFORMA ESTÁ FINANCIADA AO 100% POLO PLAN CONCELLOS 2020 DA DEPUTACIÓN.
Luis Piña pudo comprobar da man dos técnicos o avance das obras que consisten na sustitución de todo o tellado do pavillón, a instalación de novos canalóns e baixantes de chapa de aceiro, aplicación de pintura protectora nas vigas e pilares metálicos e o revestimento interior baixo a cuberta.
Unha reforma que permitirá eliminar as filtracións de auga polos paneis do tellado, condensacións e goteos ao interior, musgos e acumulacións de suciedade nas fachadas.
Galería multimedia