Charla «COIDARME PARA COIDAR»: Autocoidado para coidadoras/es con persoas dependentes a cargo
Unha formación recollida dentro do Programa de actividades do 8M, enmarcada no ciclo de charlas de "Muller e Autocoidado" do Concello da Cañiza.
Os contidos da charla de mañá centraranse no autocuidado da persoa coidadora:
• Pedir Axuda
• A Depresión
• O illamento
• A ansiedade
• Manexar o estrés
• Poñer límites aos coidados
• Os sentimentos de culpa
- Son moitas as persoas que nestes momentos están a coidar dun familiar próximo que non pode valerse por se mesmo.
- Nalgúns casos esta circunstancia é breve e temporal e noutros a necesidade de coidado prolóngase durante meses e anos.
- Coidar dunha persoa que non pode facelo soa, é unha tarefa difícil e cansa.
- Por iso hai que prepararse, hai que “adestrarse” física e emocionalmente, para que isto non afecte á nosa saúde.
- Ás veces pensamos que podemos, e debemos, asumir en solitario todo o que implica o coidado da persoa enferma ou dependente: alimentación, aseo, mobilidade, entretemento… e isto lévanos a ter que renunciar a nosa propia vida, ao noso traballo, ás nosas relacións sociais, á parte da nosa vida familiar…
- Con todo, hai que tentar convencernos e convencer ás persoas da nosa contorna familiar, de que esta tarefa é unha responsabilidade que hai que compartir.
Para coidar a outra persoa nas mellores condicións, temos e debemos coidar tamén de nós: “coidarse para coidar”.
Nota: quedamos pendentes de informarvos da nova data de impartición da charla de prevención de cancro de mama "APÁLPATE", adiada o pasado 21 de marzo, polo mal tempo.
Venres 4 de abril de 2025, ás 19.30 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial do Concello da Cañiza ( rúa Oriente, nº11- 2º andar)
Aquí deixamos unha ligazón á "Guía básica para coidadores de Cruz Vermella", por se pode ser de utilidade.