Formación «Aliméntate sen culpa» para mulleres e nenas
A Caniza continúa coa programación da 3ª edición do Programa CLARA coa actividade «Aliméntate sen culpa»
Unha proposta dirixida ás mulleres para mellorar os hábitos alimentarios e favorecer unha maior autonomía na elección e planificación da alimentación.
A actividade desenvolverase en dúas xornadas.
- A primeira terá lugar o 7 de setembro, ás 19:00 horas, na Aula CEMIT, co taller «Alimentación e xénero».
- Durante a sesión traballarase na elaboración dun plan persoal de mellora de hábitos, aprendendo a planificar e realizar eleccións alimentarias conscientes. Tamén se realizará unha simulación de compra cun orzamento limitado, para achegar ferramentas prácticas aplicables ao día a día.
- O taller abordará tamén a relación entre desigualdade e vulnerabilidade na alimentación, co obxectivo de que as participantes adquiran coñecementos que lles permitan gañar autonomía e capacidade de elección.
- A segunda xornada será o 8 de setembro, ás 10:00 horas, no Edificio Multiusos, e consistirá nunha consulta individual, con valoración da composición corporal, revisión dos hábitos alimentarios e orientación adaptada á rutina de cada participante.
Esta iniciativa forma parte do Programa CLARA, desenvolvido polos Concellos da Caniza e Covelo para promover a igualdade de oportunidades, previr a violencia de xénero e favorecer o benestar das mulleres.
O programa está cofinanciado pola Xunta de Galicia e o Goberno de España, a través do Fondo Social Europeo, no marco do FSE+ Galicia 2021-2027.
Para obter máis información, solicitar cita ou participar nesta e noutras actividades do Programa CLARA, pódese contactar nos teléfonos e WhatsApp 606 118 853 e 687 227 495.
1ª xornada: 7 de setembro, ás 19:00 horas, na Aula CEMIT, co taller «Alimentación e xénero».
2ª xornada: o 8 de setembro, ás 10:00 horas, no Edificio Multiusos, e consistirá nunha consulta individual.