«Un tempo para ti»: unha nova actividade do Programa CLARA na Caniza
O Concello continúa coa programación da 3ª edición do Programa CLARA, unha iniciativa desenvolvida entre os Concellos da Caniza e Covelo para promover a igualdade de oportunidades, previr a violencia de xénero e favorecer o benestar das mulleres.
Neste marco, os días 24 e 25 de agosto desenvolverase a actividade «Un tempo para ti», integrada no módulo de Autocoidado, entendido como un dereito fundamental das persoas e, especialmente, das mulleres que durante boa parte da súa vida asumen responsabilidades de coidado doutras persoas.
A proposta parte da importancia de reivindicar ese tempo propio e ofrecer ferramentas que permitan ás participantes incorporar prácticas de autocoidado ao seu día a día.
Durante a actividade darase a coñecer unha técnica de acupuntura sen agullas, que será presentada e practicada polas participantes en dúas fases:
- Día 24, ás 18:30 horas, no Edificio Multiusos: realizarase unha sesión grupal para coñecer a técnica, explicar o seu funcionamento e aprender como se aplica.
- Día 25, a partir das 10:00 horas: terá lugar a práctica individual ou en pequenos grupos, na que as participantes poderán experimentar directamente coa técnica.
«Un tempo para ti» busca crear un espazo de aprendizaxe e benestar no que as mulleres poidan parar, dedicarse tempo e incorporar novas ferramentas de autocoidado, poñendo en valor a importancia de coidarse tamén a unha mesma.
O Programa CLARA,
- Está desenvolvido entre os Concellos da Caniza e Covelo e ofrece un servizo municipal integral dirixido ás mulleres e ás súas fillas e fillos menores, con atención especializada e actividades orientadas á promoción da igualdade e á prevención da violencia de xénero.
- Está cofinanciado pola Xunta de Galicia e o Goberno de España, a través do Fondo Social Europeo, no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027.
- Para obter máis información, solicitar cita ou participar nesta actividade e nas distintas propostas do Programa, as persoas interesadas poden contactar a través dos teléfonos e WhatsApp 606 118 853 e 687 227 495.
Día 24 de agosto a partir das 18:30h
Día 25 de agosto desde as 10:00h da mañá
Nas aulas do 1º andar do Edificio Multiusos ( rúa Progreso, nº 21)