En marcha a actividade «Versos Xénero» incluida no proxecto 'Violeta' de Igualdade

A piques de celebrar o Día Internacional da Muller, o Alcalde Luis Piña anuncia esta actividade dirixida ao alumnado de 3º da ESO do CPI da Cañiza, na que se suma a música.

 

A ACTIVIDADE ESTÁ SUBVENCIONADA POLA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

As alumnas e alumnos de 3º da ESO do Centro Escolar da Cañiza, un ano máis, fan uso da música para concienciar e sensibilizar sobre a igualdade  de xénero.

Por segundo ano consecutivo o Concello da Cañiza inclúe no proxecto “VIOLETAS" a actividade “Xénero versos" . Unha actividade desenvolvida en colaboración co departamento da asignatura de música do centro da ESO do CPI da Cañiza e que contou co asesoramento profesional dos técnicos da Empresa Koremi (compositores musicais, pedagogos e expertos en igualdade).

Ao longo de 6 sesións de traballo os alumnos do centro compuxeron  as letras de 7 cancións que servirán para concienciar e sensibilizar en torno á igualdade de xénero. Neste enlace podese acceder ao traballo:

 https://biblogcaniza.blogspot.com/2022/02/rap-e-igualdade.html

Nestas composicións recóllense as  experiencias  de cada alumno en torno ao tema da igualdade de xénero; ao papel da muller na sociedade condicionada polos roles e os estereotipos de xénero e as súas  consecuencias. Tamén se reflexan contidos teóricos impartidos ao longo do taller en torno a esta temática.

Ademáis e coa elaboración de cada un dos raps creados, o alumnado ofrece unha alternativa ás mensaxes encubertas na música que hoxe en día escoitan a cotío e que son ferramentas para que a desigualdade por cuestións de xénero persista.

Esta actividade ten como obxectivo sensibilizar sobre a temática na que se centra o taller  mediante a reflexión do alumnado dentro do entorno educativo e co grupo de iguais.  Pretende tamén identificar as causas e consecuencias da desigualdade por cuestións de xénero, promover a reflexión e crear un espazo de aprendizaxe baseado nas propias experiencias.

Versos Genero